Moura
Corpo, ritmo e terra.
Que é Moura?
Moura é un encontro de música electrónica de aforo reducido no rural galego, organizado pola Asociación Terra Moura, unha entidade sen ánimo de lucro. Constrúese con medios propios e de forma autoxestionada, e reúne durante tres días artistas galegos, estatais e internacionais nun mesmo sitio.
¿Cando e onde?
A primeira edición celebrouse do 3 ao 5 de setembro de 2025. A segunda, do 3 ao 5 de setembro de 2026, na Aldea Couso Galán (Sarreaus, Ourense), en plena comarca da Limia.
As datas da próxima edición anunciaranse aquí e nas nosas redes.
¿Quen participa?
Artistas da escena galega, estatal e internacional, as persoas socias que asisten ao encontro, un equipo de persoas colaboradoras que se ocupa do son, a produción, a fotografía, as actividades ou a barra, e os veciños e veciñas da aldea que nos acollen.
Cultura e territorio
Moura faise en diálogo co lugar. Traballamos con comercio, provedores e profesionais da zona e co Concello de Sarreaus, e programamos con especial atención á escena galega. Queremos que o encontro deixe na comarca actividade, economía e relación coa xente que vive alí.
Coidado do contorno
Lume cero
Durante o encontro está prohibido acender calquera tipo de lume, e cada asistente recibe un cinseiro individual.
Mobilidade compartida
Poñemos á disposición das persoas asistentes unha plataforma de coche compartido para chegar á aldea cos coches máis cheos.
Sen deixar pegada
Pedimos tratar o monte con respecto e non deixar nel máis que as pegadas.
Aforo reducido
Limitamos o número de asistentes a propósito, para que o lugar e a xente que vive nel non se vexan desbordados.