Asociación Terra Moura

Entidade sen ánimo de lucro.

Organizamos Moura, un encontro de música electrónica na Aldea Couso Galán, en Sarreaus (Ourense). Un proxecto que toma forma a partir dunha idea compartida da música, do espazo e da maneira de atoparnos.

A nosa misión

Promover a música electrónica e a cultura no rural galego a través dun encontro anual de aforo reducido, organizado de forma colectiva e sen ánimo de lucro, en diálogo co territorio e coas persoas que o habitan.

Que facemos

  • Construímos unha programación que pon en diálogo artistas, escenas e formas distintas de entender a música electrónica.
  • Desenvolvemos o encontro nunha contorna rural concreta, tendo en conta as súas particularidades e as persoas que forman parte dela.
  • Asumimos colectivamente a organización e a produción do festival desde a asociación, implicándonos nas distintas fases do proxecto.

¿Como nos financiamos?

A asociación non ten ánimo de lucro. Finánciase coas entradas do encontro, que adquiren as persoas socias, e coa barra, a prezos populares. Todo o recadado destínase a cubrir os custos de produción e a preparar a seguinte edición.

Datos da entidade

Denominación
Asociación Terra Moura
NIF
G25887894
Rexistro
Inscrita no Registro Nacional de Asociaciones (sección 1.ª) co nº 632567
Domicilio social
Calle Hilarión Eslava 35, 5.º Izq., 28015 Madrid (España)
Web oficial
aterramoura.com