[Info]
Unhas cantas respostas antes de chegar a Couso. O resto irémolo descubrindo alí.
Moura celébrase do 3 ao 5 de setembro de 2026 na aldea de Couso (Sarreaus, A Limia, Ourense).
A última noite alongarase ata a mañá do domingo 6. Se podedes, recomendámosvos organizar a viaxe de volta para o domingo pola tarde ou a noite, ou mesmo para o luns, para poder descansar antes de volver á casa.
A entrada inclúe o acceso aos tres días de Moura.
O camping ou o aloxamento débense reservar por separado, para que cada persoa poida elixir a forma de vivir o festival que mellor lle encaixe.
Non vendemos entradas de día.
Moura está concibido como unha experiencia de tres días e, por iso, só ofrecemos o pase completo.
Publicaremos os horarios definitivos cando se achegue a data.
Si. O camping forma parte do espazo de Moura e está a poucos minutos andando da zona de música.
Necesitarás unha tenda de campaña, un saco de durmir e unha esterilla ou colchoneta.
Non dispoñemos de aluguer de material, así que asegúrate de traer todo o necesario. Tamén recomendamos levar unha lanterna, protección solar e algo de abrigo para a noite.
Si. Moura ofrece cuartos nas casas da aldea de Couso, xunto ao recinto. Actualmente todas as prazas están esgotadas.
Se aínda estades buscando aloxamento, preparamos unha selección de opcións próximas que podedes consultar aquí.
Hai unha zona de aparcamento gratuíta habilitada xunto ao recinto. Unha vez aparcas, o coche queda aí durante o festival.
Se vindes en transporte público, a opción máis sinxela adoita ser o tren ata Ourense. Se non vos encaixa, os aeroportos máis próximos son Vigo e Santiago de Compostela.
Se conseguides chegar ata algunha destas cidades pero non atopades como facer o último tramo ata a aldea de Couso, escribídenos. Intentaremos axudarvos a atopar a mellor opción para chegar.
Si. Durante todo o festival haberá diferentes espazos de comida e barras repartidos polo recinto.
Atoparedes distintas opcións para comer ao longo do día. Se preferides traer algo de comida, podedes gardala e consumila na vosa zona de acampada.
Unha botella reutilizable para a auga, lanterna, protección solar e roupa para os cambios de temperatura entre o día e a noite.
Tamén vos recomendamos calzado cómodo, unha power bank (aínda que quizais descubrades que non a necesitades tanto) e algo de abrigo para cando caia o sol.
Por seguridade, non se permite o acceso con vidro, substancias ilegais nin obxectos perigosos. Publicaremos a lista completa antes do festival.
Non atopas a túa resposta?
Escríbenos e axudámoste co que precises.
hola@aterramoura.comTamén podes seguir o noso canal de Telegram, onde compartimos novidades e avisos do festival.